Presentación
Co obxectivo de ampliar os traballos da nosa Asociación e, principalmente, apoiar a investigación que se ven realizando polo mundo fora no noso ámbito de estudos, lanzamos o I Premio Internacional de Estudos Galegos.
Contando co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia e a UMinho Editora, a AIEG convida todos/as os/as investigadores/as que desenvolven o seu traballo en universidades de fóra da Galiza a apresentar os seus traballos (teses de mestrado, de doutoramento ou outros traballos académicos) realizados durante os últimos tres anos a candidatárense.
O Premio, nesta primeira edición, terá unha dotación económica de dous mil euros e ofrecerá a posibilidade de publicar o traballo en formato electrónico. O xurado poderá atribuír mencións de honra, até un máximo de tres.